Galicia

Nace a primeira Escola Pública de Igualdade de Galicia

escolaigualdade01

Pontevedra inaugurou este mércores a Escola Pública Provincial de Igualdade María Vinyals, o primeiro centro destas características en Galicia e un dos poucos en España, que nace coma un espazo para a formación gratuíta e de calidade en materia de igualdade pero tamén coma un lugar de encontro para todas as persoas que traballan na loita contra a violencia machista e a prol da igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Este centro pretende converterse nunha escola viva, dinámica, de encontro e de debate, de reivindicación no que as mulleres que están «a loitar cunha lacra terrible que é terrorismo, que é a loita contra a violencia machista”.

Na xornada inaugural están a participar preto de 200 mulleres que son referentes en diferentes campos, amais de persoas pertencentes á Administración local, profesionais que traballan na loita contra a violencia de xénero e a mulleres electas da provincia.

A Escola de Igualdade María Vinyals é unha aposta innovadora do novo goberno da Deputación de Pontevedra, que ten a igualdade coma un dos seus eixos principais de traballo. Dende a institución provincial creouse un servizo propio de Igualdade, inexistente ata ese momento, que está a impulsar políticas públicas en materia de igualdade. Un servizo que traballa tanto de xeito interdepartamental na propia Deputación incorporando o eixo da igualdade en todas as súas políticas, como a nivel interinstitucional traballando man a man cos concellos de Pontevedra, co resto das institucións e cos colectivos e asociacións de toda a provincia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.