Cultura

San Simón, epicentro da fotografía galega

artek3_04

A illa de San Simón converteuse este ano no epicentro das II Xornadas Galegas de Fotografía – Imaxe 1.62, unhas xornadas que recollern o traballo iniciado por Arte_K3 xa en 2006 e que pretenden conveterse nun espazo de investigación, experimentación, reflexión e aprendizaxe para difundir, sensibilizar e promover a fotografía no seu carácter comunicativo, artístico e social.

Durante tres días, artistas, aprendices, colectivos, afecionados, profesionais, docentes e amateurs da fotografía reúnense para posicionar e dar visibilidade tanto á fotografía galega como aos seus fotógrafos. Entre as actividades, as ponencias a cargo de José Cendón e Bárbara Allende, obradoiros teóricos e prácticos de varias temáticas ou o concurso de fotografía no que se premiará as tres imaxes que reúnan o mellor tratamento técnico, estético e narrativo.

Esta tarde, dentro das actividades da xornada, inaugurouse unha exposición de José Cendón, na que o fotógrafo recopila varios traballos realizados en Asia, África e América Latina, imaxes de carácter fotoxornalístico que provocan un grande impacto e promove a reflexión respecto das situacións sociais extremas.

Cendón é un fotoxornalista cunha gran traxectoria, traballando para diversas axencias e medios internacionais, expoñendo a súa obra en numerosos países e recibindo algúns dos premios de fotografía máis recoñecidos.

También te puede interesar