Vigo al minuto

Cursos e talleres na Escola de Artes e Oficios no mes de xullo

EMAOA Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo, convoca unha serie de cursos e talleres no mes de xullo; Aula de Debuxo artístico: “Debuxar o corpo espido”, Impartido por Federico Fernández, mestre da especialidade na EMAO; Aula de Pintura: “O libro de artista”, impartido por Paula Mariño, mestra da especialidade na EMAO; Aula de Deseño e encaixe de palillos: “Iniciación ao encaixe ruso”, impartido por Marian Núñez, mestra da especialidade na EMAO; Taller de Cerámica artística: “A cerámica e o audiovisual”, por Miguel Vázquez, mestre da especialidade na EMAO; Taller de Serigrafía artística: “Introducción á serigrafía artística”, por Alba Pardo, mestra da especialidade na EMAO; Talleres de Ourivaría e Artesanía en coiro: “Creación de fornituras e accesorios en Coiro e Metal”, por Sandra de Jesús e Pepe Pereira, mestres das especialidades na EMAO; Taller de Encadernación: “Carpetas e caixas contedoras de obra gráfica”, impartido por Pablo Otero, mestre da especialidade na EMAO; Taller de Talla e escultura en madeira: “Gravado en relevo madeira -xilografía II”, impartido por Rosa García, mestra da especialidade na EMAO; Taller de Construción de Zanfonas: “Técnica de calado. Corte con segueta de marquetería”, con r Xaime Rivas, mestre da especialidade na EMAO; Taller de Construción de gaitas: “Iniciación á construción de palletas”, con Carlos Corral, mestre da especialidade na EMAO;

Os cursos,todos eles, terán unha duración curso de 30 horas, impartiranse do 4 ao 15 de xullo en horario de 10 da mañá a 1 da tarde; as prazas para os mesmos son limitadas- 15 por curso, agás Zanfona e Gaita que será de 10-, e o prazo de solicitude é ata o 28 de xuño.

A inscripción é gratuíta, mediante envío de correo electrónico ao enderezo [email protected], cos seguintes datos; no asunto haberá que indicar o nome do curso, engadir no mail o nome e apelidos do solicitante, DNI e anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO– no caso en que sexa condición telos cursado para acceder ao monográfico seleccionado-.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.