RGPD - Cookies
Galicia

A CIG pide a disolución de Galaria e a integración de todos os servizos no Chuvi

resonancia

A integración funcional da resonancia de Galaria no servizo de radiolozía do Chuvi, efectivo dende este luns, é para a CIG-Saúde «un despropósito» no que se  reinventan as fórmulas de xestión para manter «aos seus acólitos con contratos de alta dirección».

A organización sindical refírese a que xa existe unha figura de reordenación das entidades instrumentais no ámbito sanitario, aplicada en xuño de 2015 á integración no Sergas das unidades de cirurxía cardíaca e cardioloxía intervencionista da empresa pública de servizos sanitarios Galaria, incluido o seu persoal.

Segundo a CIG, nestes casos dende o Sergas defendíase a importancia desa integración funcional e orgánica baixo a mesma estrutura que o resto dos servizos interdependentes para a perfecta atención integral dos doentes, «subliñando a importancia de que esta integración de recursos no Hospital Álvaro Cunqueiro estea baixo a mesma organización administrativa que o resto das unidades coas que comparten asistencia».

A CIG-Saúde solicita da consellaría de Sanidade que realice o mesmo procedemento de integración para todos os servizos asistencias que hoxe dependen de Galaria na EOXI de Vigo regulados no decreto 88/2015 do 25 de xuño e esixe a disolución de Galaria e a integración de todos os servizos sanitarios no complexo hospitalario de referencia, «máxime cando o propio xerente do Sergas recoñece que os equipamentos que utiliza Galaria son propiedade do Sergas» e as probas diagnósticas son feitas por persoal estatutario.

 

También te puede interesar