Deportes Vigo al minuto

O CB Seis do Nadal, campión da liga 2ª División Junior feminina

baloncesto seis nadal feminino

O conxunto júnior feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia proclamouse esta fin de semana campión da Segunda División Júnior Feminina na final da competición disputada en Santiago de Compostela.

O equipo adestrado por Andrés Álvarez conseguiu o ascenso a Primeira División quedando primeiro clasificado do Grupo Sur da Fase de Ascenso da Liga Segunda División. A final disputouse ante o primeiro clasificado do Grupo Norte, o Star Center (Ferrol), ante o que equipo do Seis do Nadal-Coia conseguiu unha ampla vitoria ao quedar o marcador final a 40-59.

Desta forma, e tralo ascenso a Primeira División conseguido fai dúas semanas, o júnior feminino do club remata da mellor maneira posible a presente tempada, proclamándose campión da Liga 2ª División da Federación Galega de Baloncesto.

También te puede interesar