RGPD - Cookies
Deportes Destacados

Máis de 200 baloncestistas na clausura das escolas deportivas

baloncesto escolas deportivas 01

Fin da tempada 2015/2016 das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das ligas internas de colexios, organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal. E os xogadores e xogadoras celebrárono por todo o alto no Pavillón Municipal de Navia con partidos amigables entre todos os combinados das Escolas Deportivas.

baloncesto escolas deportivas 02Os máis de 200 xogadores e xogadoras do CEIP Seis do Nadal, CEIP Doutor Fléming, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat, Colexio Labor e as EDM Balaídos, EDM Berbés e EDM Navia puideron despedir a tempada xogando contra os demais escolares que xa son «compañeiros e amigos».

Dende outubro do pasado ano, estes escolares aproveitaron os adestramentos semanais e as xornadas das Ligas Internas de Colexios 2016, cun total de baloncesto escolas deportivas 03240 partidos na Liga Linco e 48 encontros na Liga Linco XL, para aprender e mellorar das mans dos seus adestradores e adestradoras.

Para clausurar a xornada levouse a cabo a entrega de regalos a tódolos rapaces e rapazas, así como ao grupo de árbitros das Ligas Internas de Colexios, grupo formado por xogadores e xogadoras federados de categoría cadete e júnior do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia.

También te puede interesar