Destacados Vigo al minuto

Comeza a remodelación da área cirúrxica do Hospital do Meixoeiro

meixoeiro

O próximo mércores día 1 de xuño vanse iniciar as obras de remodelación da área cirúrxica no Hospital Meixoeiro, coas que se tratará de dotar a esta zona dun novo espazo de recepción e vestiarios destinadas aos pacientes de cirurxía maior ambulatoria, xa que neste momento as instalacións presentaban limitacións espaciais ante o espectacular incremento experimentado na actividade cirúrxica: mentres de xaneiro a abril do 2015, contabilizáronse 3.667 intervencións fronte ás 7341 deste ano. A día de hoxe, neste hospital realizase 2/3 de toda a actividade cirúrxica do Chuvi. .

Para isto, vaise realizar unha actuación nunha zoa xeral, na que nestes momentos están emprazados un almacén, arquivos, sala de sesións e despachos. A obra non afectará a ningún área asistencial.

Con esta obra, na que o Sergas realizará un investimento de 58.624 euros, trátase de mellorar as condicións de confortabilidade dos usuarios así como as condicións de traballo dos profesionais, que disporán duns circuítos máis axeitados .

Ademais, de xeito paralelo, vaise dotar ao bloque cirúrxico duna nova sala de cirurxía local o que permitirá incrementar a capacidade cirúrxica do Hospital e atender así a un maior número de pacientes.

 

También te puede interesar