Galicia

1.033 aspirantes para cubrir 201 prazas no Sergas

oposiciones-sergas-silledaAlta participación nas oposicións ao Sergas celebradas hoxe en Silleda. Un total de 1.033 aspirantes, o 80% dos convocados, optaron a unha das 201 prazas da oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde.

Este sábado estaban convocados na quenda de mañá 1.289 aspirantes das categorías de logopeda, técnico/a en farmacia, e técnico/a superior en radioterapia, mentres que pola tarde será o turno dos 7.373 aspirantes da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

O día 29 de maio realizaranse, na quenda de mañá, os exames das categorías de fisioterapeuta, técnico/a superior en hixiene bucodental, e técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, que representan 2.375 aspirantes. En quenda de tarde examinaranse os 1.631 aspirantes das categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e terapeuta ocupacional.

 

También te puede interesar