Cultura

As imaxes sobre interculturalidade teñen premio

fondo galego solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación Internacional acaba de poñer en marcha a terceira edición do concurso ‘Imaxes con fondo’ que, atendendo ao actual contexto internacional, nesta ocasión convida a reflexionar sobre as migracións e a interculturalidade. Para esta edición, o certame tamén contará cunha sección de vídeos ademais da tradicional de fotografía.

En ambos casos, na categoría de persoas adultas o primeiro premio será unha viaxe a Mozambique para realizar un traballo sobre a realidade do país e os proxectos alí apoiados. Na categoría xuvenil, dirixida a rapaces e rapazas de entre 14 e 17 anos, o premio será unha cámara de fotos e vídeo. Os segundos premios recibirán unha cesta de produtos de comercio xusto e os terceiros un lote de películas de temática social. E os centros de ensino que animen al alumnado a participar recibirán unha colección de libros do concurso fotográfico Revela.

Os interesados en participar terán ata o 15 de outubro para presentar os seus traballos, que deberán poñer en valor a mestura de nacionalidades, denunciar a discriminación das culturas  minoritarias, desmontar estereotipos sobre etnias ou amosar accións solidarias con migrantes e refuxiados, entre outras. Unha vez pechado este prazo, os traballos subiranse ao perfil de Facebook do Fondo, onde os cidadáns poderán votar. O xurado seleccionará aos gañadores de entre os 15 traballos máis votados.

También te puede interesar