RGPD - Cookies
Cultura

11.000 persoas desafían á chuvia en Cans

festival cans balance

A decimoterceira edición do Festival de Cans congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 11.000 persoas que desfiaron á chuvia para gozar da programación do festival, un público fiel local e foráneo moi diverso, con idades de 0 a 80 anos. Cans é un festival que se celebra ao aire libre, moi condicionado polo tempo, que malia non acompañar nesta ocasión conseguiu reunir a un público que gozou de todas as actividades con total normalidade e plantándolle cara á climatoloxía.

Entre toda a programación cómpre destacar o grande éxito que acadou o concerto de Iván Ferreiro na nova Leira de Alicia-Espazo Mahou, espazo que se manterá tamén de cara a próximas edicións. Tras esgotar as entradas para o concerto en vinte minutos, o festival cumple un dos obxectivos desta edición: atraer á xente xa dende o venres.

festival cans procesion chimpinsAdemais, este mesmo espazo funcionou todo o sábado como punto de encontro, con xente dun xeito estable dende a mañá ata a noite. A zona foi escenario do primeiro «Dálle caña!», un coloquio cun formato informal no que os curtametraxistas da sección oficial a concurso presentaron as súas producións ante o público e debateron sobre a aventura de iniciarse no audiovisual. Na Leira de Alicia-Espazo Mahou tamén se desenvolveu o habitual Coloquio na Leira, no que nesta ocasión Emma Lustres e Dani de la Torre adiantaron ante as 400 persoas asistentes detalles sobre os seus futuros proxectos.

Consolídanse tamén as seccións MiniCans e o Parque do río, un espazo pensado para os máis pequenos, que estivo cheo de familias dende primeira hora da mañá ata a posta do sol. No tocante á parte da programación pensada para os máis pequenos e pequenas da casa, esgotáronse as entradas para o teatro de sombras Alecrín Monicreques, para o espectáculo de Trío Acivro e a proxección de Maimiño foi un auténtico éxito. Ademais, polo Cans do Futuro pasaron preto de 1.000 escolares e estudantes de escolas de audiovisual.

También te puede interesar