RGPD - Cookies
Comarcas

A Festa da Bicicleta percorrerá as rúas de Nigrán

festa bicicleta cartelA pesar de que a Xunta denegou o permiso para facer o percorrido tradicional, o Concello de Nigrán manterá a marcha en bibicleta do 17 de maio cun percorrido polas rúas do municipio.

Así, o punto de encontro será ás 10.00 horas no Pavillón de Panxón para pedalear polas rúas Jesús Espinosa, Mariñeiro, Paseo Marítimo, Avenida Canido, Paseo Lourido, Rúa Lourido, Beiramar, Rúa da Foz, Lourido e volta ao Pavillón por Arquitecto Palacios. Ao finalizar a xornada continuará nun ambiente festeiro, con sorteos de bicicletas, cascos, botes de auga…

Nigrán leva organizando esta Festa da Bicicleta dende hai 28 anos de xeito ininterrumpido en colaboración co resto de concellos do Val Miñor.

También te puede interesar