Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Unhas 3.000 persoas atenden a chamada de @SOSMEIXOEIRO e ‘abrazan’ simbólicamente o hospital

MeixoeiroUnhas 3.000 persoas, segundo SOS Meixoeiro, ‘abrazaron’ este domingo o hospital para facer visible o abandono, deterioro e a falla de uso de todas as súas instalación. SOS MEixoeiro tiña o obxectivo de dar a coñecer aos veciños o que “está a pasar na Área Sanitraria de Vigo”.

A xuizo dos profesionais sanitarios, O Meixoeiro debería ter máis uso e completar as deficiencias que hai na atención aos doentes a causa das limitacións e problemas do Álvaro Cunqueiro. Nesta liña, SOS Meixoeiro denuncia o “desmantelamento controlado” do hospital mentres a Área Sanitaria de Vigo ten as listasde espera máis altas de Galicia e unha das máis numerosas de todo o Estado.

Os convocantes advertiron de que este hospital non pode permitirse ter pechadas a Unidade de Coidados Intensivos (UCI) ou a de Rehabilitación e esixiron a aprobación dun “plan estratéxico” para o centro.

También te puede interesar