Comarcas

O #PandePorriño reclama a súa declaración como denominación de orixe

Cartaz Pan do PorriñoO Goberno do Porriño “apoia totalmente” o proxecto da Asociación de Comerciantes (ACIPOR) e de Panadeiros de pedir ao Goberno de Galicia a declaración xeográfica Pan do Porriño, ao coñecido produto que se elabora na vila e que, como dixo a alcaldesa, “é un dos elementos que nos identifica”.

Eva García de la Torre, quen asistiu á presentación desta iniciativa este luns no Concello, acompañada polo concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, reivindicou a declaración como parte do proxecto do goberno local de potenciar a “marca Porriño” que, salientou, “abrangue todo o que temos  todo o que somos, polo cal Porriño é coñecido dentro e fora de Galicia e, sen dúbida ningunha, unha deses sinais propios é o noso pan, un dos mellores do mundo”.

Pola súa banda o concelleiro de Comercio, logo de gabar o traballo dos comerciantes e panadeiros porriñeses, puxo ao seu dispor toda colaboración do Goberno local para sacar adiante esta proposta. Marcelino Coto adiantou que o plan de orzamentos para este ano recolle unha partido concreta para ista finalidade, e comentou que o Concello está a estudar que “o pan do Porriño teña un día de seu ou unha feira que permita poñelo en valor”.

A presidenta da ACIPOR, Noelia Conde, e os representantes dos panadeiros, “moitos dos cales descenden dos primeiros que empezaron a facer, na época napoleónica o primeiro pan que fixo famoso a Porriño, o “pan de munición”, agradeceron a implicación da alcaldesa e do Concello e afirmaron que a declaración do ‘Pan do Porriño’ como Denominación Xeográfica será o “recoñecemento á longa tradición, á calidade, e ao bo facer dos panadeiros locais durante case tres séculos, un traballo que ten a consideración na sona do noso pan dentro e fora de Galicia”.

A actriz Areta Bolado, a imaxe, “e hoxe a voz” deste proxecto, neta e bisneta de panadeiros, “de feito a miña compañía chámase A Panadaría”, resumiu nunha frase a forza desta proposta, “como dixo Federico García Lorca cando inaugurou a biblioteca do seu pobo, Fuente Vaqueros: só precisamos medio pan e un libro…o pan e cultura e a cultura é alimento”.

También te puede interesar