RGPD - Cookies
Galicia

Máis da metade dos novos parados de Galicia, que chega a 222.092 desempregados, son da provincia de Pontevedra

paro (1)222.092 galegos están anotados nas lista do paro. O mes pasado este número incrementouse en 6.355 persoas, dacordo cos datos difundidos este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

O desemprego aumenta en todos os sectores e en todas as privincias, en especial na de Pontevedra, no que incrementouse en 3.371 persoas-chegando ata as 89.737, máis da metade na Área de Vigo-.

En Lugo hai 522 novos desempregados, e xa suma 21.607; en Ourense 727, chegando a 24.233, mentres que A Coruña 1.705 persoas déronse de alta no INEM e xa son 86.515.

Ademáis, asináronse preto de 10.000 contratos menos que en setembro, chegándose a 77.991, dos que o 92,5% foron temporais e so un 7,5% indefinidos.

También te puede interesar