Vigo al minuto

A voceira do PP esixe a Caballero medidas de circulación no Cunqueiro e o alcalde adianta que fará 1.000 aparcadoiros preto do hospital

Aparcados preto do Cunqueiro/Tresyuno Comunicación
Aparcados preto do Cunqueiro/Tresyuno Comunicación

O alcalde adiantou este mércores que xa se está a adecuar a parcela na que o Concello construirá un parquin de 500 prazas preto do novo hospital e informó de que o goberno local está a axilizar os trámites para adiantar a construcción doutros 500 aparcadoiros máis.

Abel Caballero salientou que esta decisión é consecuencia do feito de que os vigueses “pagan polo aparcamento máis caro de Europa” e porque o entorno do Álvaro Cunqueiro sofre problemas de tráfico porque os conductores vense obrigados a aparcar en zonas inadecuadas. Esta última circunstancia fixo que o Concello esté elaborando un “plan de emerxencia” para o tráfico nesta zona.

Pola súa banda, a voceira do grupo municipal do Partido Popular denunciou a “absoluta parálise do goberno municipal en todo o que ten que ver coas necesidades de mobilidade urbana do Hospital Álvaro Cunqueiro”.

Elena Muñoz esixiu ao alcalde que tome “medidas urxentes” para atallar os problemas de circulación rexistrados nos viais que levan ao novo hospital, como a Avenida de Castrelos, “xa é hora de acabar coa política de brazos cruzados no que está instalado o goberno municipal, unha política de culpar a todo o mundo, agás a un mesmo, e non exercer ás súas competencias”.

También te puede interesar