Galicia

A AP-9 ingresará máis de 9.500 millóns de euros ata a finalización da concesión da autoestrada no ano 2048

Peaxe Redondela-Vigo/Tresyuno Comunicación
Peaxe Redondela-Vigo/Tresyuno Comunicación

Nun máis que recomendable artigo en Praza Pública, o noso compañeiro David Lombao fai unha descripción exacta do que é o negocio da AP-9 en Galicia. Como siala, a súa concesionaria ingresará case 260 millóns de euros ao ano polo uso que facemos da autoestrada. “É a cantidade media que Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, S.A (Audasa) prevé obter ata o remate da súa concesión, que non se producirá ata o 18 de agosto de 2048, en virtude da prórroga aprobada polo Goberno de José María Aznar no ano 2000”.

Lombao subliña que, segundo a concesionaria da Autoestrada, “a AP-9 ingresará ata 9.561 millóns de euros por portaxes ata o remate da súa concesión” e, indica, para determinar esta «magnitude» a compañía estima que o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) subirá a unha media anual do 2% e manexa, asemade, «hipóteses de crecemento do tráfico» na infraestrutura.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.