'Qué te cuentas?'

O productor cobra 11 veces menos do prezo que paga o consumidor polas patacas ou a terceira parte polo litro de leite

MansO Sindicato Labrego Galego denunciou este xoves que o Índice de Prezos de Orixe e (IPOD) do mes pasado sinala que hai diferencias de ata un 1000% en mercadorías como as patacas ou as mandarinas, ou dun 167% entre o que cobra un gandeiro polo leite e o prezo final na tenda ou no supermencado.

Este índice amosa que o labrego cobra 6 céntimos de euro por un quilo de patacas e o consumidor para 62 céntimos, 11 veces máis; no caso do leite, o gandeiro cobra polo litro, de media, 30 céntimos, e véndese nas tendas a 80 céntimos, preto de tres veces máis.

Outros exemplos son as mazás- que se pagan no campo a 17 céntimos e véndense a 1,81 € o quilo-; o coello –de 1,63 a 5,29 € o quilo- ou os allos- de 82 céntimos que cobra o labrego polo quilo aos 5,29 € que paga o cliente final.

Á vista destos datos, o Sindicato Labrego denuncia “relacións comerciais abusivas e escandalosas”, como o feito de que “almacenistas en A Limia paguen so 6 céntimos aos productores polo quilo de patacas”.

También te puede interesar