Vigo al minuto

A Marea de Vigo celebra primarias este sábado co seu candidato á Alcaldía xa decidido

Candidatos de A Marea, este xoves en Vigo
Candidatos de A Marea, este xoves en Vigo

A Marea de Vigo aspira a ter «suficiente maioría para gobernar na cidade” e levar a rexeneración democrática a un Concello no que «os veciños teñan capacidade real de decisión». Así o dixo este xoves o que será o seu candidato á Alcaldía- xa que é o único que presentou a súa candidatura ás primarias- o actual coordinador local de Esquerda Unida (EU).

Rubén Pérez dixo que a Marea foi a «única candidatura de unidade popular que abriu o seu proceso a toda a cidadanía» e que o obxectivo que ten para as vindeiras Eleccións Municipais é o de “quebrar un sistema que ven de 1978 no que seguen al prácticas caciquiles”.

Ao seu xuizo, na actualidade, e en referencia ás investigación xudiciais que afectan ao Concello, neste hai unha «rede clientelar» que non é só propia desta Corporación, pero que “con Abel Caballero se evidencia de xeito desvergonzado».

Hai que lembrar que a Marea de Vigo celebrará este sábado primarias abertas para ratificar o único aspirante a candidato á Alcaldía, e elixir a grande parte da lista de entre 19 persoas que se presentaron para integrar a candidatura. A votación, á que teñen dereito os asinantes do manifesto, celebrarase de 9 a 21 horas na cafetaría La Moreneta, no edificio do Colexio de Arquitectos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.