Buscan en Portugal ás persoas que colocaron a bomba na oficina de Abanca en Guillarei

O delegado do Goberno en Galicia informou este mércores que as dúas persoas sospeitosas de causar a explosión rexistrada na madrugada deste mércores nun caixeiro de Abanca en Forcarei,  fuxiron do lugar nun vehículo con matrícula de Portugal e as forzas de seguridade búscanos no país veciño.

Santiago Villanueva, confirmou que, tras a explosión, se «viu saír» de lugar a dúas persoas, que fuxiron un «vehículo de matrícula portuguesa», presumiblemente «cara a Portugal».

A Garda Civil, que leva a investigación, púxose en contacto coas autoridades policiais portuguesas e ambos os dous realizan a busca destes sospeitosos en Portugal.

Segundo «apuntan os datos» tratouse dun «roubo», xa que, logo de que estoupase o aparello explosivo, os sospeitosos colleron os cartos do caixeiro.

Como informou vigoalminuto, a acción produciuse poco despois das 4 da maña desdte mércores, nunha oficina de Abanca situada no baixo dunha vivenda unifamiliar de Guillarei: malia os danos materiais, non se rexistraron feridos nin houbo que desaloxar ningunha vivenda.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.