Galicia

Emigrantes retornados volverán a esixir que se resolva o problema das súas pensións

A Asociación de Emigrantes Retornados acudirá este martes ao Pleno da Deputación de Lugo para apoiar a iniciativa presentada polo BNG para resolver o problema das súas pensións. Segundo denuncian nun comunicado, “hai un trato discriminatorio” xa que non se recoñecen de oficio as pensións de invalidez concedidas fora do Estado, ademáis, subliña, Facenda mantén a dobre tributación, en especial nas pensións de Suiza.

Os Emigrantes Retornados lembran que o seu problema coa fiscalidade non rematou, “por moito que digan os gobernos galego e do Estado” e  sinalan que o longo de ano e medio fixeron fronte ás reclamacións tributarias, con xuros e sancións aplicadas sobre os catro anos, “ao tempo que as nosas pensións serviron para manter aos nosos fillos e netos que están no paro”.

Ademáis, repetiron que a Axencia Tributaria “non informou con transparencia” sobre a obriga de declarar as pensións de estados estranxeiros e que “arrasou cos nosos aforros cando máis os necesitábamos”.

Os emigrantes advirten de que o período de regularización vai servir a Facenda para obter ingresos “moi por riba das cantidades que vai ter que devolver en multas e xuros xa cobrados”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.