Comarcas Video

Morre aos 89 anos a ‘señora Carmen’, solista do grupo Malvela

Como informa el grupo Malvela no seu Facebook, este domingo morreu a  señora Carmen, Carmen de Campos,  cantareira y solista do que tiña  89 anos. “Muller e artista de 89 que deixa unha fonda pegada en [email protected] nós. Cando gravou ‘Na Flor dos meus anos’, album en solitario no ano 2007, contou a súa vida, as súas dores e alegrías, as súas lembranzas de nena, os traballos duros no campo e nos aprendeu que o canto é sanador, no muiño ou nos moitos escenario que pisou”, comenta Malvela na rede social

O funeral por Carmen Pérez Navasal, que era o seu verdeiro nome, será este luns, as 5 da tarde na Igrexa Parroquial de Sanguiñeda, en Mos. “Alí estaremos todos para cantarlle, para renderlle sentida homenaxe, para dicirlle canto a queremos”, comentan os seus compañeiros no muro de Facebook.

 

También te puede interesar