Vigo al minuto

Sanidade cré que o Meixoeiro é a mellor opción para ser o centro de referencia do ébola en Galicia

“Sen ningún xénero de dúbidas o hospital Meixoeiro de Vigo é o mellor preparado” para ser centro de referencia en Galicia para o tratamento de posibles casos de ébola. Eso é o que cré o director xeral de Asistencia Sanitaria, e asi o dixo, este xoves, durante a súa comparecencia en Comisión parlamentaria para responder a unha pregunta da deputada de AGE Eva Solla sobre a elección deste hospital como centro de referencia en Galicia para casos de ébola.

Solla criticou a decisión “unilateral por parte da consellería” e preguntou ao director xeral sobre os datos que levaron a tomar esta decisión que o grupo de AGE considera “non a máis axeitada”.A deputada preguntou ademais acerca do gasto que está a realizar Sanidade en dotación de recursos contra o ébola dentro dun plan “improvisado” e sinalou se non sería máis idóneo elixir como centro de referencia un hospital que “puidese desaloxarse por completo en caso de que fose necesario”.

Félix Rubial sostivo que a elección se tomou baseándose nas recomendacións de “expertos na materia”. Tras afirmar que as posibilidades de extensión do ébola en España son “moi escasas”, Rubial recordou que o porto de Vigo foi designado de referencia para a evacuación de enfermos infecciosos e rexistrou simulacros neste sentido. Así mesmo, engadiu, “o laboratorio de microbioloxía do hospital Meixoeiro foi nomeado en 2009 laboratorio de referencia para o virus da Gripe A”, polo que conta con protocolos de actuación en microbioloxía.

Ruibal lembrou que o Meixoeiro conta con zonas de hospitalización con presión negativa illadas e con entrada independente e profesionais comprometidos con estas indicacións, subliñou que o ébola, que “non se trasmite polo aire” e asegurou que a posibilidade de desaloxo do centro hospitalario é “unha situación que non se contempla no protocolo”.

 

También te puede interesar