Vigo al minuto

Este venres empeza no Auditorio do Concello ‘Vigocultura’

O venres, día 3, comeza a programación municipal de artes escénicas, ‘Vigocultura’, no Auditorio Municipal, coa obra «Odeim» da compañía Cienfuegos Danza. A obra comezará ás 9 da noite, e o prezo das entradas é de 8€; as mesmas están á venda anticipada en servinova.com, no teléfono 902.504.500, na Central de Espectáculos, así como no despacho de billetes do auditorio dende unha hora antes.

Como unha das novidades da programación deste trimestre, esta compañía contrátase a través de PLATEA (Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espacios de Entidades Locais), que ten como finalidade impulsar a programación conxunta coas compañías profesionais das artes escénicas polas entidades locais e o INAEM, para reactivar e enriquecer a programación cultural.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.