RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?'

Nin EREs de Andalucía, nin Gürtell, nin Pujol: rouban 13 galiñas e 25 quilos de patacas en O Carballiño

Se cadra O Carballiño xa parece Chicago. Este mércores saltaba unha noticia (rigorosamente certa) que deixaba ver a ‘acción do crime organizado’: nos días pasados foron detectados varios roubos no concello, en concreto, unha banda levouse- seguro que para traficar e non para consumo propio- 10 galiñas dun alpendre e outras 3, ademáis de 25 quilos de patacas, dun galpón.

Fontes da investigación aseguran que a noite deste mesmo luns– non se sabe se membros dalgunha das cinco ‘familias’ de Nova Iorque- levaron otras dez galiñas máis dunha casa do lugar de Mesego.

Séguese a pista por si fose un caso de tráfico de tortillas de patacas-polo que se ve sen cebola- ou de evasión de galiñas a paraísos fiscais…o que sí sábese seguro e que hai ducias de desplumados.

 

También te puede interesar