Comarcas

Non esquezas a cámara e participa no concurso fotográfico nos Mercados de Redondela

Se a fotografía é a túa pasión, esta é a oportunidade idónea para amosar o teu dominio na arte da imaxe. O concello de Redondela leva cabo unha Gimkana Fotográfica polos mercados o próximo 27 de setembro, de 9 a 14 horas. O obxetivo: mostrar os oficios e fomentar o consumo dos produtos locais entre a xuventude.

A participación sen coste algún, está destinada aos mozos do Concello de Redondela. A primeira categoría engloba aos cativos de 12 a 16 anos; e a seguinte, de 17 a 18 anos. Para anotarse é necesario cubrir un formulario de inscrición antes do 25 deste mes.

Basándose nas actividades que se desenvolven nos mercados de Chapela e Redondela, poderanse presentar dúas fotografías como máximo relacionadas con tres contidos: os mercados; os produtos 5 estrelas; ou o teu vendedor da plaza de confianza. A entrega de premios está fixada para o 10 de outubro, cada gañador conseguirá unha xornada de multiaventura no Ecoparque Aventura Rías Baixas.

 

También te puede interesar