RGPD - Cookies
Galicia

Afectados polas Preferentes alertan de que os bancos queren emitir 75.000 millóns en bonos, semellantes ás subordinadas

Quen deu a alerta foi o voceiro da Plataforma de Afectados por as Preferentes de Lugo, quen adiantou que, o mes que ven, a banca española pretende emitir 75.000 millóns nuns ‘bonos convertibles’ “unha especie de híbridos entre débeda e capital, nos que se lle paga un interese ao investidor e despois existe a opción de convertelos en accións da empresa ou do banco que os emitiu».

Eso sí, alertou Javier Novo, “queda en mans do investidor convertelos; se un os quere converter, o emisor devolvería o diñeiro, pero tampouco ten que ser así, porque están suxeitos ás condicións do emisor,» advertiu.

Novo salientou que contan co respaldo das autoridades reguladoras do Estado que “unha vez máis se mira para outro lado sen ter claro o produto. Esperemos que non vaia dirixido, como foron as preferentes e as subordinadas, á xente que non sabe de que vai”.

O voceiro da Plataforma de Lugo lembrou que ainda hai 15.000 as persoas en Galicia que non recuperaron os seus aforros que estaban metidos en Novagalicia Banco- agora Abanca agora – que son aqueles que “non fixeron nada, nin presentaron demanda nin foron, siquera a Consumo”.

A semana que ven os Afectados polas Preferentes agardan reunirse co propietario do grupo Banesco, que adquiriu Abanca, Juan Carlos Escotet, «para que presente as cifras reais de como queda o proceso, de cánta xente recuperou o seu diñeiro e o diñeiro que se debe e si son realmente investidores».

 

También te puede interesar