Vigo al día

Catro familias máis vivirán en pisos de protección no Casco Vello

O Consorcio do Casco Vello de Vigo entregou as chaves das vivendas de protección autonómica a cuatro familias, logo do sorteo feito polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), vivendas que súmanse as 10 xa adxudicadas con anterioridade e polo mesmo sistema.

A Xunta salienta que, cando remate o proceso de adxudicación das 12 vivendas de protección serán preto de “60” as familias que irán a vivir ao Casco Vello.

O goberno indica que este proceso permitiu ás familias aforrar entre 33.000 e 35.000 € -no caso das vivendas máis grandes, e entre 23.000 e 27.000 € nos apartamentos de menor tamaño.

Polo dagora, o Consorcio Casco Vello de Vigo adquiriu 64 inmobles dos cales, 36 xa están rehabilitados,ademáis, agora mesmo están en execución as obras de recuperación doutros 4 nos que haberá 10 vivendas e 2 locales comerciais.

O requisito para acedera os pisos- en adxudicación directa ou por sorteo- é estar inscrito no Rexistro único de Demandantes de Vivenda da Xunta, no apartado de Promoción Privada de Réxime Concertado.

 

También te puede interesar