Morre un dos pacientes ingresados por gripe en Galicia

Un dos 41 pacientes ingresados-14 deles na UCI- en hospitais de Galicia polo virus da gripe faleceu este mércores pola tarde no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Segundo a Consellería de Sanidade, trátase dun home de 77 anos que levaba unha semana cun cadro que a lle «agravou e complicou».

Segundo o Sergas, o rexistro de hospitalizados por gripe entra dentro «do esperado e o normal« nesta época e indicou que Galicia adoita rexistrar sobre «dez mortos cada ano» en relación con este virus. A media de ingresos por tempada está nuns 240 dos cales uns 50, algo máis do 20%, requiren estancia na UCI.

Sanidade advirte de que a finais da próxima semana ou principios da seguinte espera o «pico» da gripe, tras o que se prevé que empecen a baixar o número de casos, xa que este tipo de ondas adoitan durar entre oito e dez semanas.

O 90% dos casos que levan consigo hospitalización corresponden ao virus H1N1, aos que se suman outros do H3N2 -tamén incluído na denominación gripe A-.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.