RGPD - Cookies
Vigo al día

O alcalde reafirma que o Concello xa non porá más cartos na Biblioteca Central porque «é competencia da Xunta»

O alcalde insistiu en pedir que a Xunta achegue integramente os fondos para a Biblioteca Central “ao igual que fai nas demais cidades de Galicia” e, ademais, avanzou que «vai haber máis casos destes», pois “o Concello está a estudar os compromisos» que hai con outras urbes e coa viguesa

Abel Caballero salientou que o Concello de Vigo cedeu o edificio para a biblioteca, “regalámoslle o edificio e pretenden que sigamos pagando 400.000 € ao ano», dixo, aludindo á Xunta ao tempo que indicou que no Diario Oficial de Galicia de 23 de outubro de 1996, aparece entre as consideradas «nodais», e repetiu que nas bibliotecas do resto de cidades galegas os concellos non realizan achegas económicas, pois son custeadas integramente pola Administración autonómica. Por iso, reafirmouse na súa negativa a dedicar fondos municipais o próximo ano, pedindo o Goberno galego que asuma o pagamento.

O socialista avanzou que «vai haber máis casos destes porque estamos a rastrexar os compromisos da Xunta con outras cidades e con Vigo e, ademais da Biblioteca Central, hai outros que xa iremos contando a medida que vaiamos certificando», apuntou.

 

También te puede interesar