Vigo al minuto

A CIG convoca tres marchas a pé na área de Vigo en defensa do emprego

A Confederación Intersindical Galega (CIG) de Vigo anunciou este venres a convocatoria de tres marchas a pé en distintos puntos da bisbarra, no marco da campaña iniciada pola central nacionalista en defensa do emprego e para “visibilizar o drama do paro”.

As marchas serán o vindeiro día o 15 dende O Porriño a Vigo, con saída ás 9 e media da mañá, dende a sede sindical en Arquitecto Pazos e chegada ás 2 e media ao edificio da Xunta; ás 6 e media da tarde, dende a praza de Abastos de Moaña en dirección a Cangas; e a mesma hora  dende o Concello de Bueu, tamén en dirección a Cangas.

Ademais das marchas, o 17 de outubro celebrarase unha “xornada de loita” con nove actos simultáneos que terán lugar en Vigo entre as 11 e media e 12 e media. Así, haberá concentracións e actos reivindicativos das diferentes federacións en distintos puntos da cidade: en PSA Peugeot Citroën, nas instalacións de Fenosa en Travesía de Vigo, en Ceaga, en NCG Banco, Hospital Xeral, sede da Xunta, obras da estación do AVE, ou o instituto Santa Irene.

 

También te puede interesar