Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Vigo, capital das enerxías renovables

O Concello, o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia e FAIMEVI organizan o 18 e o 19 de setembro, no Auditorio do Concello, as Xornadas Técnicas Galegas de Enerxías Renovables, nas que prestixiosos profesionais e empresas especializadas abordarán o presente e o futuro da enerxía sostible.

Segundo salientou este xoves o alcalde durante a presentación das mesmas,  “a crise puxo ás renovables no segundo plano pero o certo é que o sentido común e a visión de futuro sinalan que temos que seguir moi atentos ás enerxías renovables, son irrenunciables para nós neste Concello”.

Xunto a Abel Caballero estiveron na presentación ovicedecano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrais de Galicia, Constantino García, e ao director da Fundación FAIMEVI. Durante o 18 e 19 de setembro, prestixiosos profesionais do sector e algunhas das principais empresas especializadas abordarán as novidades tecnolóxicas en cada modalidade de enerxía renovable  – sol, vento, auga, terra, aire, biomasa –  e avaliarán o presente e o futuro das mesmas.

O programa – que seguirán 125 asistentes –  dará comezo cunha sesión sobre o financiamento dos proxectos para continuar co estudo das distintas especialidades da enerxía e concluir cunha mesa redonda que analizará a situación actual e as perspectivas de futuro desta industria.

Xunto á organización, esta cita conta co patrocinio de empresas de ámbito nacional e internacional e asociacións profesionais, ademais da colaboración de colexios profesionais e escolas técnicas, asociacións, clústeres e centros tecnolóxicos, e revistas técnicas.

 

También te puede interesar