Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Vigo, capital das enerxías renovables

O Concello, o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia e FAIMEVI organizan o 18 e o 19 de setembro, no Auditorio do Concello, as Xornadas Técnicas Galegas de Enerxías Renovables, nas que prestixiosos profesionais e empresas especializadas abordarán o presente e o futuro da enerxía sostible.

Segundo salientou este xoves o alcalde durante a presentación das mesmas,  “a crise puxo ás renovables no segundo plano pero o certo é que o sentido común e a visión de futuro sinalan que temos que seguir moi atentos ás enerxías renovables, son irrenunciables para nós neste Concello».

Xunto a Abel Caballero estiveron na presentación ovicedecano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrais de Galicia, Constantino García, e ao director da Fundación FAIMEVI. Durante o 18 e 19 de setembro, prestixiosos profesionais do sector e algunhas das principais empresas especializadas abordarán as novidades tecnolóxicas en cada modalidade de enerxía renovable  – sol, vento, auga, terra, aire, biomasa –  e avaliarán o presente e o futuro das mesmas.

O programa – que seguirán 125 asistentes –  dará comezo cunha sesión sobre o financiamento dos proxectos para continuar co estudo das distintas especialidades da enerxía e concluir cunha mesa redonda que analizará a situación actual e as perspectivas de futuro desta industria.

Xunto á organización, esta cita conta co patrocinio de empresas de ámbito nacional e internacional e asociacións profesionais, ademais da colaboración de colexios profesionais e escolas técnicas, asociacións, clústeres e centros tecnolóxicos, e revistas técnicas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.