Comarcas

O Plan Xeral de Ponteareas terá que volver a Pleno logo de incumplir varios requisitos legais

O alcalde Solla no último Pleno/Tresyuno Comunicación

A tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ponteareas, terá que volver a Pleno logo de que a súa aprobación fose declarada non válida tendo en conta o informe desfavorable do documento por parte da Secretaría Xeral do Concello. Ademáis diso, segundo o BNG, na Xunta de Voceiros municipal celebrada este luns, o alcalde confirmou que lle ocultara máis de dous meses o referido informe de Secretaria ao equipo técnico do PXOM, presente na reunión, algo que os nacionalistas califican de “feito moi grave”.

A xuizo do BNG, a actuación de Salvador González Solla “é máis propia dun incompetente que dun alcalde” ao tempo que lembra que  os cambios a realizar son cuestións de fondo do documento que teñen que figurar na aprobación inicial. “Trátase de cambios de fondo, cuantitativos e cualitativos, de suma trascendencia, co fin de corrixir as desfeitas do urbanismo do Partido Popular durante décadas” afirmou o voceiro dos nacionalistas.

Xosé Represas, salientou que o informe da Secretaría era ben craro, “as modificacións deben facerse antes da aprobación inicial e de información pública, debendo contar con informes técnicos e xurídicos municipais”.

Cabe lembrar que a aprobación inicial do Plan Xeral acordouse nun Pleno celebrado o pasado día 18 no que o propio alcalde pediu aos Afectados polas Preferentes que permitisen á Corporación aprobar este documento que cualificou de “vital e esencial” para Ponteareas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.