Galicia

Cogami inicia un curso de formación para persoas con discapacidade desempregadas procedentes de Vigo, Tui, Nigrán e Salceda

Un grupo de 15 persoas con discapacidade inician este venres, día 21 nas instalación de COGAMI no Hospital do Rebullón,, un curso de AFD de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos para persoas desempregadas que lles imparte a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

Cunha duración de 458 horas, a acción formativa vaise impartir de luns a venres en horario de 9 a 14 horas ata o 4 de novembro, data na que vai rematar.

O alumnado, 9 homes e 6 mulleres, proceden dos concellos de Vigo, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Nigrán e van ter que asimilar un temario que tratará sobre a gravación de datos e o seu tratamento, o arquivo e reprodución. Ademais, terán a oportunidade de realizar prácticas en empresas da zona non remuneradas.

 

También te puede interesar