Galicia

O presidente da Protectora de Lugo alerta do roubo de cans para facer pelexas

O presidente da Sociedade Protectora de Animais de Lugo alertou este xoves de asaltos que se producen no albergue da protectora para roubar cans que, segundo dixo, sospeita que usan para pelexas. O último intento de roubo sucedeu hai algúns días e foi evitado polo personal.

O albergue xa sufriu un destes asaltos hai uns meses, onde os autores lograron levar un dos canes. “Recibimos a visita desagradable do que pensa que se vai atopar petróleo e éntrannos a roubar. Adoitan levar algún animal que lles interesa en concreto e despois o que fan é máis estragos que outra cousa porqué alí non hai nada de valor. O que nos preocupa é o destino do can”, asegurou Javier García Calleja

Calleja baralla a hipótese de que estes cans sexan utilizados en pelexas “con apostas”. “Desgraciadamente, é moi difícil pillar a individuos que practican este tipo de aberracións” indicou, “ao tempo que engadiu que na zona de Carballo hai indicios de que alí se mantén ese tipo de actividades ilegais de pelexas de cans con apostas e “así aparecen cadáveres de animais salvaxemente mutilados”.

 

También te puede interesar