RGPD - Cookies
Galicia

Chano Rodríguez, no próximo encontro de ‘Espello Deportivo’

O nadador paralímpico Sebastián ‘Chano’ Rodríguez, con 15 medallas no seu palmarés, estará en Santiago o próximo mércores para participar nun encontro qju eten coma obxectivo promover o uso do galego no marco do deporte.

Así, esta iniciativa impulsada por ‘Espello Deportivo’, creado polo actor Rubén Riós, está programada para a xuventude ligada ao deporte, pero a charla está «aberta» e é «gratuíta» para todas as persoas que desexen acudir ao Centro Sociocultural do Ensanche ás 7 da tarde, tel e como salientaron en rolda de prensa, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a concelleira de Normalización Lingüística de Santiago e o propio Rubén Riós.

Rubén salientou que  ‘Espello Deportivo xa estivo presente en 17 localidades de Galicia dun total de 36 previstas e que, para iso, contou con ‘Chano’ Rodríguez; coa regatista Sofía Toro, que obtivo unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Londres; e con Juan Antonio Saavedra, medallista paralímpico na modalidade de tiro ‘carabina tendida’.

Ademais, explicou que estes actos duran en torno a unha hora e media, tempo no que se proxecta un microdocumental sobre a vida do deportista en cuestión e á súa intervención sucede unha quenda de preguntas.

 

También te puede interesar