RGPD - Cookies
Galicia

Pescanova garante o pago das nóminas de maio e xuño

Pescanova pagará as nóminas de maio e xuño pero non desbota unha ‘reestructuración’ de personal nun futuro. Eso foi o que garantiron os administradores aos membros do Comité de Empresa da multinacional, nunha reunión celebrada hoxe. Os directivos de Deloitte, sempre segundo aseguraron os representantes sindicais, deron por feito un acordó cos bancos acreedores o que permitirá inxectar liquidez inmediata na compañía.

Polo que se refire ao plan de viabilidade, as centrais agradan que Pescanova faga fincape máis nos recortes financieiros que no despido de traballdores e confían en que os administradores  non se desprendan dos activos máis valiosos e estratéxicos, porque o máis importante “e prioritario” é que a multinacional siga producindo.

O comité de empresa está á espera de que se concrete unha nova reunión cos administradores concursais, que se celebrará a próxima semana cando se saiba cál será a cantidade que concedan os bancos.

 

También te puede interesar