RGPD - Cookies
Galicia

Imputado o concelleiro de Deportes de Santiago na ‘Operación Pokemon’

O concelleiro responsable da área de Deportes de Santiago, Adrián Varela, foi imputado no marco das investigacións da ‘Operación Pokémon’ por supostos delitos de tráfico de influencias, suborno e falsidade documental.

Nunha rolda de prensa convocada a raíz de coñecerse esta nova imputación na Pokémon, a edil de Persoal, Amelia González, informou de que Varela recibiu na mañá deste xoves a citación que o empraza a declarar o próximo día 17 de xuño ante a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara.

Así mesmo, tamén ratificou que, na mañá deste xoves, axentes do servizo de Aduanas acudiron ás dependencias de Contratación da Casa do Concello da capital galega para levar documentación.

A información requirida polos axentes é a relativa a contratos da Concellaría de Deportes, que dirixe Adrián Varela, coa empresa Sermasa, unha das compañías do Grupo Vendex, epicentro da trama de pagamentos de empresas a políticos para obter concesións de servizos públicos e renovalas ao longo dos anos que investiga a xuiza De Lara.

 

También te puede interesar