Vigo al día

Vigo repite bandeiras azuis e nas mesmas nove praias que o pasado verán

Os arenais de Vigo contarán este ano con nove bandeiras azuís, todas as que se solicitaron desde a Concellería de Medio Ambiente. Deste xeito, Vigo mantén o mesmo número de distincións nas mesmas praias que o ano pasado: Fortiñón, Canido, Vao, Fontaíña, Argazada, Tombo do Gato, A Punta, Rodas e Figueiras, estas dúas últimas, en Cíes.

Estes arenais cumpren os requisitos de calidade de auga, accesibilidade, dotación de socorrismo, entre outros, esixidos desde a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac). No ano 2007, o número praias recoñecidas con esta máxima distinción foi de sete.

Por outra banda, Vigo retén outra distinción mediambiental moi destacada que lle foi outorgada o pasado ano: o recoñecemento como sendeiro azúl do cordón verde que une o Lagares con Bouzas e Canido.

 

También te puede interesar