Comarcas

Denuncian que a maioría de nenos de 0 a 3 anos de Ponteareas quedarán sen praza na escola infantil

A concelleira do BNG en Ponteareas, Verónica Carrera, ven de alertar do “grave prexuízo que vai supoñer para decenas de familias de Ponteareas” a falta de prazas na escola infantil municipal. Carrera salienta que para o vindeiro curso, “quedan sen praza máis nenos e nenas dos que entran, mentres terán praza 43 nenos de 1 a 3 anos, van quedar fora 54”.

O Bloque afirma que hai decenas de nenos e nenas que non poderán acudir  unha escola infantil pública e as súas nais e pais teñen que pagar unha privada si queren compatibilizar a súa vida laboral e familiar, “co esforzo económico que iso supón”.

Os nacionalistas engaden que “isto non é nada novo xa o ano pasado pasou o mesmo, e levamos así desde hai anos xa que a demanda de prazas supera amplamente a oferta”. Verónica Carrera lembrou que Ponteareas conta con case 1.000 nenos de 0 a 3 anos, e dispón de só 130 prazas na única escola infantil pública para ese tramo de idade.

Na súa opinión, fronte a esta situación, o Partido Popular leva anos retrasando a construción dunha nova escola infantil de 74 prazas, actuación demanda hai tempo, “a pesares de ser unha obra comprometida desde o 2010 polo Ministerio de Educación que paga o 50% do novo centro».

Carrera subliña que primeiro o Alcalde e o PP boicotearon este investimento retrasando dous anos a consecución dos terreos» e, conclúe, “agora, o goberno do PP na Xunta cambia as condicións iniciais; négase a pagar o outro 50% e quere obrigar ao Concello a pagar o resto da obra”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.