Comarcas

As 400 primeiras entradas para Cans véndense en 15 minutos

O Cans deste ano, o décimo, vai sobre rodas

As 400 entradas postas á venda por Internet para ver os curtos a concurso do Festival de Cans, que se proxectarán na tarde do sábado 25 de maio, quedaron esgotadas un cuarto de hora. Ás 9 da maña deste xoves abríase o prazo para facer as reservas e apenas vinte minutos máis tarde a organización do festival comunicaba que xa estaban todas reservadas.  En 15 minutos máis de 200 personas fixéronse coas entradas, xa que  cada unha podía adquirir un máximo de dous.

Hai que lembrar aos ‘non agraciados’ que o 16 de maio poranse á venda o resto das localidades, outras 400, no local social de Cans, a partir das 7 da tarde. Ademais, este ano habilitouse por primeira vez un pase matinal dos curtos a concurso, para o que se porán á venda outras 130 entradas a maiores das 800 da sesión de tarde -as 400 vendidas por internet e as 400 que se porán á venda o día 16 no local social–.

Nesta décima edición do Festival de Cans competirán 14 curtos de ficción e outros 7 de animación. O resto da programación do evento, que abrangue diferentes actividades entre o 22 e o 25 de maio, será gratuíta e de acceso libre ata completar auditorio.

 

También te puede interesar