RGPD - Cookies
Galicia

Afectados polas Preferentes de A Coruña, seguen pechados no Concello

Unha ducia de afectados por Preferentes de A Coruña manteñen, por segundo día, o seu peche no Concello, que iniciaron este luns, coincidindo cun Pleno no que se aprobou retirar os recoñecementos e distinción sao anterior director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez. Os aforradores están nos locais dos grupos da oposición, apoiados dende fora por outro grupo de afectados que segue fora, na Praza de María Pita.

En principio, a intención é facer quendas e non durmir no edificio municipal, ainda que esta é unha opción que non se descarta. O motivo deste peche, segundo indicaron varios dos afectados é porque “sabemos que noutros lugares onde hoube peches, coma no Baixo Miño, chamaron aos encerrados para que acudisen á arbitraxe”.

A estes afectados non lles parece xusto que se esté pagando á xente por encerrarse e denuncian que non chaman á arbitraxe a ningún afectado de A Coruña dende novembro do ano pasado.

 

También te puede interesar