RGPD - Cookies
Galicia

A CIG inicia unha acción solidaria para axudar aos seus afiliados en situación de desemprego

A Confederación Intersindical Galega (CIG) presentou este martes un Plan Solidario de Axuda Alimentaria na base social do sindicato para axudar aos afiliados que estean a pasar por dificultades económicas.

Así mesmo, poderán acollerse á iniciativa aquelas persoas que abandonaron o sindicato nos últimos nove meses alegando problemas económicos, segundo explicou o seu secretario de organización.

Durante un acto en Lugo, Lois Nieto subliñou que “o obxectivo é que os afiliados que teñan traballo poidan axudar aos compañeiros que están a pasar por serias dificultades», asegurou. A axuda pode ser a través de alimentos ou de doazóns económicas, que en todo caso serán entregadas en forma de comida. Ademais, implantaranse dúas cotas anuais extraordinarias de 10 € que serán dedicados a tal labor.

Para financiar este proxecto, os afiliados a CIG doarán alimentos e cantidades en metálico que serán entregadas en forma de comida a todas aquelas persoas que o soliciten. Ademais, poderán acceder a talleres informativos sobre axudas públicas ás que poidan acollerse.

Nieto, quen animou aos afiliados a “solidarizarse cos compañeiros que se atopan en situación de dificultade”, explicou que para acollerse a esta axuda é necesario ser afiliado en situación de desemprego ou con soldo inferior ao mínimo interprofesional fixado polo goberno central, descontando o prezo do aluguer.

 

También te puede interesar