Galicia

Afectad@s polas Preferentes forzan un acordo do Pleno do Concello de O Grove a prol das súas demandas

Afectad@s polas Preferentes no Pleno do Concello de O Grove

Os afectados pola compra de Preferentes asistiron este mércores ao pleno do Concello de O Grove no que se debatiu o apoio ás súas reivindicacións; que todos teñan acceso á arbitraxe de xeito que se garanta que recuperarán a totalidade dos seus cartos sen quita algunha.

Os concelleiros de O PSOE, logo de pedir disculpas “por non ter actuado antes”, aseguraron que non estaban dacordo co seu partido no xeito de considerar inversores ao 99% dos aforradores que foron engañados. O  seu voceiro pediu que o Goberno derogue o real decreto que abre a porta ás quitas e esixir unha solución política a este problema e abrir “unha negociación directa” coa directiva de Novagalicia Banco. Ademáis delo,  aconsellou ao ministro de Economía que “veña a O Grove para coñecer a situación dos afectados, pediu que o Concello garanta a contratación de avoados no caso de que haxa calquera clase de quita, que se considere aforradores a todos os afectados e apoiar a manifestación do vindeiro día 2 de feb febreiro en apoio aos “estafados”.

Pola súa banda, o BNG, logo de lembrar que a formación nacionalista foi a primeira en estar ao carón dos afectados, sumouse á moción socialista o mesmo que o grupo de Esquerda Unida.

O grupo municipal do Partido Popular, por mor do seu portavoz, que foi recibido con asubíos polos asistentes á sesión, sinalou os moitos esforzos que fixera o seu partido a prol dos afectados, o que “posibilitou que moitos cobraran xa os seus cartos grazas á fórmula da arbitraxe”. Luis Callón lembrou que a culpa desta situación é dos socialistas, “que cando estaban no Goberno non puxeron coto a esta situación”, e propuxo abrir unha vía de negociación directa entre os afectados e Novagalicia Banco; instar ao Banco de España ao Ministerio de Economía á Comisión Europea, ao FROB e a NGB que continúen resolvendo a favor dos afectados pola vía da arbitraxe “ata a resolución definitiva de todos os expedientes”. Ademáis, propuxo instar ao FROB, ao Ministertio de Economía e ao Banco de España que os afectados non sufran quita algunha; poñer a dispor dos estafados a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor, os Servizos Sociais, o Educador Familiar e o Centro de nformación á Muller do Concello “para todos aqueles que o soliciten” e, por último, esixir a depuración de responsabilidade aos executivos e directivos das entidades financieiras “que impulsaron e cometeron este fraude masivo”.

 

También te puede interesar