Cultura

Empeza ‘Tomiño Humor’, este sábado con Carlos Blanco…e de balde

Esta fin de semana arranca o ciclo de inverno “Tomiño Humor” que levará á vila de Tomiño algúns dos mellores humoristas galegos en cinco espectáculos de entrada libre. Estes espectáculos se celebrarán no Auditorio do Centro Multiusos de Goián e neles contaremos coa presenza de coñecidos humoristas como Carlos Blanco ou Mofa e Befa.

Este sábado, 26 de xaneiro, estará Carlos Blanco, con “Só”; o 2 de febreiro, Avelino González con “Falando en prata”; o día 16, Fulano, Mengano e Citano, con “Top Manta”; o 9 de marzo, Isabel Risco, “Nabiza girl, unha viaxe espacial” e o 23 dese mes, Mofa e Befa con “Sempre ao lonxe”

Todas as actuacións serán ás 10 da noite, e a entrada é gratuíta ata completar aforamento. A programación de inverno inclúe tamén a exposición de escultura “Formas”, dos tomiñenses Carlos Fierro e Carlos Fernández que estará nos espazos comúns do Centro Multiusos de Goián ata o 17 de febreiro.

 

También te puede interesar