RGPD - Cookies
Galicia

94 feridos en accidentes de tráfico esta fin de semana, nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 94 persoas debido a 71 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do pasado venres ate as 00:00 h. deste luns. Emerxencias recibiu nestes días 85 chamadas que xeraron 71 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 94 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54 e 46%, respectivamente, e nas idades dos feridos, obsérvase cun 40% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 34 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

As ambulancias medicalizadas acudiron a 12 sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 73 accidentes, as ambulancias convencionais acudiron a tres, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061 prestaron asistencia sanitaria en cinco  sinistros.

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, cinco se levaron ao Centro de Atención Primaria ou Punto de atención continuada, e 19 foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

 

También te puede interesar