Galicia

Queremos galego chama a unha movilización “nacional” para esixir a derogación do Decreto de Plurinlingüismo

A plataforma Queremos Galego, que aglutina máis de 700 entidades, ven de anunciar un novo calendario de mobilizacións para exixir a derrogación do Decreto de Plurilingüismo e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade polo Parlamento no ano 2004.

Queremos Galego, que xa puxo en marcha unha recollida de sinaturas a través da súa páxina web, fai un chamamento á sociedade para que participe nunha concentración diante da Xunta en  Santiago convocada para as 12:00 horas do día 12 de xaneiro  2012 “e  nunha manifestación nacional que sairá  doce da Alameda de Santiago o 27 de xaneiro”.

O portavoz de Queremos Galego,  explicou , en rolda de prensa, que nas catro sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, logo dos recursos presentados por Queremos Galego, A Mesa pola Normalización Lingüística, a CIG-Ensino e a Real Academia Galega, “fica claro que este decreto nos seus núcleos fundamentais é ilegal e, porén, o Goberno galego ten que volver á liña que nunca debeu abandonar, a de que os rapaces e rapazas teñan competencia no noso idioma e o galego estea presente en todas as etapas educativas”.

Carlos Callón insistiu en que “á Xunta só lle queda o camiño de derrogar o Decreto” e anticipou que a plataforma . estuda presentar un recurso de casación polo menos no caso da obriga de falar no idioma no que se imparte a clase. Para Queremos Galego “é unha má nova para o galego a reelección de Jesús Vázquez como conselleiro de Educación”, e os seus responsables lamentaron a “arrogancia e prepotencia” coa que o Goberno galego acolleu as catro sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. “O TSXG acaba de facer unha chamada á orde para que cando menos se eliminen artigos que non fan máis que afondar no intento de erradicara lingua galego do ensino”, argumentan.

 

También te puede interesar