Galicia

Cans precisa patrocinadores para manter o festival de cine

Por iso ven de lanzar unha campaña para a captación de patrocinadores e apoio privado para poder “facer viable” a décima edición do mesmo, prevista para o vindeiro mes de maio. Esta iniciativa fíxose unha necesidade imperiosa logo de saber que o Ministerio de Cultura retirou a subvención para esta edición e logo de non saber aínda cales serán as axudas da Xunta.

Nunha nota de prensa, os organizadores do Cans indican que abriron novos camiños para obter recursos económicos e que, dende esta semana e ate finais de ano, contactarán con empresas de todos os sectores e tamaños para “involucrarlas no festival”. Para elo, ofrecerán a cada firma “un xeito diferenciado de estar presente no evento e ter notoriedade”, o que supón que farase para cada marca “unha proposta única, buscando o punto no que incidan o espíritu do festival e a filosofía de cada empresa”.

Por elo, ofrecerán a cada unha delas a posibilidade de patrocinar elementos e lugares característicos do festival, coma os ‘chimpines’, os ‘jalpóns’, o ‘Jaliñeiro Unplugged’, as al alfombras rojas ou a ‘leira dos coloquios’, “de xieto que daremos visibilidade aos patrocinadores mantendo a singularidade de Cans”. Por iso mesmo a organización do festival pide a “complicidade dos nosos seguidores” para chegar ás empresas que queran apoiar o evento.

Para aqueles de vos que queirades apoiar a manter o festival de cine podedes contactar coa organización enviando un correo a este enderezo: [email protected] ou chamando ao teléfono 695379968.

 

También te puede interesar