Vigo al minuto

Un dos detidos en Vigo a fin de semana, enviado a prisión, os outros tres declaran este mércores

O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz enviou este martes a prisión a un dos mozos vinculados coa organización independentista radical Resistencia Galega arrestados a pasada fin de semana en Vigo. O maxistrado impútalle a comisión de delitos de tenza de aparatos explosivos e integración en banda armada. O acusado, que responde ás siglas C.C.V., foi arrestado a pasada fin de semana pola Policía Nacional. O resto de detidos, tres en total, prestarán declaración ante o maxistrado este mércores.

A Garda Civil e a Policía Nacional, nunha operación conxunta, detiveron a pasada fin de semana a catro mozos con vinculación á organización independentista radical Resistencia Galega, acusados de terrorismo, dado que portaban material explosivo no momento da súa detención e, segundo as forzas de seguridade, planeaban un atentado “inminente”.

Segundo informou o Ministerio do Interior, o sábado pola tarde foron detidos, en posesión de explosivos, dous mozos, presuntos membros de Resistencia Galega, C.C.V. e X.R.O.; mentres que durante a madrugada a Garda Civil detivo outros dous mozos, D.S.M. e H.J.M.G.

Antes da súa detención, C.C.V, que se trasladara por autobús a Vigo cunha mochila de notables dimensións, contacto no parque de Castrelos con outro mozo que tamén foi detido, X.R.O.

 

También te puede interesar