Comarcas

Vigo reclama a Porriño que pague os máis de 2 millóns de suministros de auga que debe a Vigo

O alcalde anunciou este venres que o Concello reclamará a O Porriño que pague a débeda de “2.089.000 de euros de recibos pendentes” do servizo de auga que presta a concesionaria Aqualia. En rolda de prensa, Abel Caballero afirmou que a devandita débeda é “polo custo proporcional da explotación do encoro de Eiras e pola condunción de auga” e que, por elo, a Xunta de Goberno viguesa acordou hoxe reclamar ao concello porriñés o seu pagamento.

O alcalde lembrou que 20 de abril de 2009 os dous concellos acordaron que O Porriño empezaría a pagar as facturas pendentes e presentaría un plan de pagamento para aboar unha débeda que ten dende 1998, pero que o municipio aboou «a primeira das facturas e, a partir de aí, deixou de facelo«. Logo de presentarse ao plan de pagamento a provedores aprobado polo Goberno central, , O Porriño aboou outras sete facturas máis, “pero aínda debenlle a Vigo máis de 2 millóns de euros”.

Caballero salientou que si O Porriño non fai os pagos correspondentes, “vai xerarse un desequilibrio que levaría a que foran os resto dos concellos os que tivésemos que facer fronte a esa cantidade” que, subliñou, non consumiron os veciños de Vigo. «Requirimos o pagamento e, a partir de aí, dacordo co consello do departamento legal, tomaremos todas as decisións precisas para que O Porriño aboe a Aqualia e ao Concello de Vigo ese 2,089 millóns», rematou o rexidor.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.